Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prohiben o baño na praia de Pantín pola presenza de carabelas portuguesas

Prohiben o baño na praia de Pantín pola presenza de carabelas portuguesas

A picadura destas augamares é moi molesta e pode ser perigosa

G24.gal 05/08/2025 20:53

Na praia de Pantín, en Valdoviño, prohibiuse este martes o baño pola presenza de carabelas portuguesas.

Os socorristas izaron a bandeira vermella ao detectar varios exemplares desta especie, cunha picadura potencialmente perigosa.

O episodio é similar ao ocorrido o ano pasado polas mesmas datas.

A primeiros de agosto decenas de carabelas portuguesas chegaron a Pantín e a outras praias do concello de Valdoviño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar