Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xunqueira de Ambía ten activo un teléfono público que contabiliza en pesetas

Xunqueira de Ambía ten activo un teléfono público que contabiliza en pesetas

O aparello leva corenta anos na casa dun veciño

Maiores e mozos apostan por mantelo en funcionamento

G24.gal 12/11/2021 20:13

Odilo Iglesias segue atendendo as escasas chamadas que aínda chegan ao teléfono de servizo público instalado na súa casa. Logo de 40 anos, o aparello xa case non é necesario pero durante décadas era imprescindible para falar cos emigrantes, chamar taxis, recoller citas médicas ou facer encargas. Moi raro foi o veciño de Merí ou Santo André que non o utilizou en máis dunha ocasión.

O teléfono substituíu as cartas e agora foi substituído polos móbiles. Aínda así, as persoas de máis idade seguen botando man del para facer algunhas xestións. Todos, maiores e novos, teñen algunha lembranza vencellada a este teléfono que establecía unha cadea de avisos para atendelo. Por iso, queren que continúe funcionando.

O teléfono aínda conta por pasos o tempo de cada chamada e contabiliza en pesetas. Sen dúbida, toda unha reliquia dun tempo non tan remoto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos