Unha parella de discapacitados vigueses leva 5 anos pedindo unha rampla
Teñen que ir coa cadeira de rodas polo medio da estrada
Unha parella de discapacitados de Vigo leva cinco anos pedindo unha rampla no barrio vigués da Doblada, concretamente na rúa Aguia. A falta dela obrígalles a circular coas súas cadeiras de rodas eléctricas polo medio e medio do vial co risco que iso supón para a súa integridade e para os condutores que adoitan reprendelos.
É así todos os días desde hai máis de cinco anos. Luis Felipe na súa desesperación chegou a abordar ao alcalde de Vigo, foi varias veces ao concello e representantes da policía local e técnicos municipais inspeccionaron a zona e tomaron fotos e notas pero a solución non dá chegado. Os últimos en pasar por alí dixéronlles que para facer a rampla tiñan que cambiar algúns sumidoiros.