Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen un home en Lugo por dous asaltos cunha navalla a un vendedor da ONCE

Deteñen un home en Lugo por dous asaltos cunha navalla a un vendedor da ONCE

Por seguridade, a vítima, que só levaba uns días neste posto de traballo, foi recolocada noutra zona da cidade

EFE 10/12/2025 10:30 Última actualización 10/12/2025 15:10

Axentes da Policía Nacional detiveron un home en Lugo pola súa suposta implicación en dous roubos con intimidación a un vendedor da ONCE, perpetrados o mesmo día, o pasado 25 de novembro.

Segundo a información facilitada este mércores pola Comisaría Provincial de Lugo, o primeiro incidente produciuse cando dúas persoas se achegaron ao posto da vítima, que padece unha discapacidade visual, co pretexto de pedirlle cambio. Entón, mediante ameazas, levaron parte da súa recadación.

Un segundo episodio produciuse horas despois, cando un dos sospeitosos regresou ao lugar e mentres portaba unha navalla, esixiulle novamente diñeiro.

"Foi abordado en duas ocasións e nunha delas ameazarono cunha navalla", explica Lucía González, voceira da Policía Nacional en Lugo.

A detención produciuse o mesmo día dos feitos, na Rúa García Abad, por parte de axentes do Grupo de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) da Comisaría Provincial de Lugo.

A vítima tivo que ser recolocada laboralmente por motivos de seguridade noutra zona de Lugo, mentres que o detido pasou a disposición xudicial. 

Desde a ONCE aseguran que se trata dun caso puntual. Tamén o confirman os vendedores. Montse leva 28 traballando neste quiosco da praza de Santo Domingo de Lugo.

"A min nunca me paso pero non estamos libres, non é o mesmo estar nun punto de venda ca nun quiosco", conta Montse López, vendedora da Once.

Dentro dos quioscos teñen un sistema de seguridade que lles permite pecharse e avisar a policía. Hoxe tampouco é doado que lles coen billetes falsos, unha estafa que antes era frecuente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade