Unha nova xornada para Breogán e Obradoiro na loita pola permanencia
Igualados en vitorias, pero partindo co Obradoiro dous postos en vantaxe sobre o Breogán, que marca o descenso
Hoxe xoga o Breogán co Zaragoza, ás 18. Mañá, quenda do Obradoiro contra o Gran Canaria, ás 17.
Os galegos da ACB seguen na loita. O descenso cada vez anda máis apretado e ambos equipos son parte da lea. Igualados en victorias, o Breogán parte en descenso mentras que o Obradoira segue dous postos por riba.
Ás 18:00 desta tarde, Zaragoza-Breogán. Coa vista posta en MacLemore. Xogador clave que anda de viaxe nos Estados Unidos, ten previsto regresar directo para o partido. Alí agarda un vello coñecido, Bell Haynes. É un rival directo para o descenso. Tres derrotas seguidas o Breo, tres Zaragoza.
Na lea do descenso anda tamén o Obradoiro, que vén de caer co Baskonia e busca chaves pra reaccionar ante cinco derrotas consecutivas. Mañá recibe ás 17:00 ao equipo máis en forma en ataque da Liga, Gran Canaria quen é 4º na claisificación.