Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha nova lanzadeira conecta Santiago co seu aeroporto en 15 minutos

Unha nova lanzadeira conecta Santiago co seu aeroporto en 15 minutos

A liña 6A, que se puxo en marcha o venres pasado, fai tamén o percorrido coas paradas habituais

G24.gal 26/05/2024 18:55 Última actualización 26/05/2024 19:19

Desde o pasado venres 24, a liña de autobuses 6A tamén realiza o traxecto entre a estación intermodal de Santiago e o aeroporto de xeito directo.

Porén, cómpre fixarse no letreiro luminoso do transporte, que debe poñer "directo", porque a liña 6A tamén ofrece o traxecto coas paradas de sempre.

A nova lanzadeira, con frecuencias de 40 minutos de luns a venres e dunha hora na fin de semana, permite chegar á terminal en 15 minutos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade