Unha muller resulta ferida de gravidade ao caer co seu coche dende unha rotonda á A-54
A condutora é unha veciña de Santiago de 47 anos
En Santiago, un coche caeu desde un paso elevado á autovía A-54, por un desnivel duns 30 metros. A condutora e única ocupante do vehículo quedou ferida grave.
A condutora, veciña de Santiago de 47 anos, circulaba pola estrada SC-30, o novo enlace orbital da cidade. Por causas que se están investigando, perdeu o control do vehículo ao chegar á rotonda e colleuna de fronte. Co golpe levantou a barreira de protección e caeu por este desnivel duns 30 metros á autovía A-54, a que une Santiago con Lugo.
Un coche que circulaba pola autovía logrou esquivar o impacto. Metros detrás viña unha ambulancia, que asistiu a muller desde o primeiro momento, atrapada dentro do vehículo. Os bombeiros tiveron que liberala dado o estado en que quedou o coche tras o golpe.
A ferida foi trasladada ao Hospital Universitario de Santiago en estado grave. Tráfico cortou durante varias horas a autovía en dirección a Santiago á altura do quilómetro 91, ata que retiraron o vehículo accidentado.
O seu vehículo rompeu a varanda de seguridade e caeu ata a A54 á altura de San Marcos.
A muller tivo que ser excarcerada.