Cargando resultados...
Un menor ferido nun atropelo en Santiago de Compostela
Polo de agora descoñécese a gravidade das feridas da vítima

G24.gal
27/01/2023 20:25
Última actualización 27/01/2023 21:05
Un menor quedou ferido ao ser atropelado no barrio de San Lázaro, en Santiago.
O sinistro produciuse pouco antes das oito e media cando o rapaz cruzaba por un paso de peóns.
A rúa estivo cortada en ambas direccións ata a rotonda de acceso ao periférico e a autoestrada mentres os servizos de emerxencias atendían o menor.
O ferido foi evacuado ao hospital.