Publicador de contidos

Publicador de contidos

'Unha mesa, unha conta', a política que seguen moitos restaurantes

'Unha mesa, unha conta', a política que seguen moitos restaurantes

A medida legal que adoptan moitos restaurantes para evitar os pagos fraccionados

Os hostaleiros aforran tempo e evitan enfrontamentos co grupo de comensais
 

A medida é legal sempre e cando se informe o consumidor
G24.gal 05/08/2025 15:06

Son moitas as fórmulas de afrontar o pago nun restaurante cando se trata de grupos grandes. Facer un fondo común, dividir o total en partes iguais ou fraccionar a conta e que cada quen pague o que consumiu. Esa é a que odian os hostaleiros.

"É un encordio enorme, é o peor que che pode pasar como camareiro, entón iso atrasa todo, cabreámonos todos", apunta Xan Galbán, cociñeiro do restaurante María Castaña.

Para axilizar a operativa de traballo cada vez son máis os locais que empezan a prohibir o pago fraccionado.

"A min iso paréceme moi mal, a verdade que non, eu xa non iría".

"Por un lado é para eles aforrar o traballo de ter que dividir tantas contas".

"Para o hostaleiro é máis fácil chegar e cobrar unha soa conta e xa está".

"Ao final sempre hai un engano, porque sempre hai unha picardía, eu non bebín máis que unha, pois eu bebín tres...", comenta varios comensais.

"Sempre sae algún que di que colle pista e vaise deixando os outros, entón sempre ao último dislle mira faltan 40 euros, faltan 20 euros", continúa o cociñeiro.

Malia que os hostaleiros queren evitar o enfrontamento co cliente, son conscientes dos problemas que xera a división da conta.

"Por suposto facémolo, pero para nós supón unha perda de tempo", explica Patricia Vidal, camareira do restaurante Casa de Amancio.

E a lei neste caso ampáraos.

"Cada restaurante decide cales son as condicións de prestación do servizo incluído o pagamento, por tanto é legal que se poida negar a aceptar a división da conta en varios pagos entre os comensais", informa Enrique García, voceiro da OCU.

Pero, coma sempre, o consumidor debe estar ben informado para decidir se quere quedar ou marchar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade