Publicador de contidos

Publicador de contidos

Menús tradicionais servidos en dous minutos por una máquina expendedora en Pontevedra

Menús tradicionais servidos en dous minutos por una máquina expendedora en Pontevedra

Este formato de restauración é o resultado dun proxecto levado a cabo por alumnado e profesorado do centro de FP Carlos Oroza de Montecelo

Dúas das persoas implicadas no proxecto ante a máquina expendedora de menús tradicionais este martes no CIFP Carlos Oroza en Pontevedra.
G24.gal 20/05/2025 14:10

Un centro da Rede Estatal de Excelencia da FP, o Carlos Oroza de Pontevedra, un equipo de docentes e alumnos e unha máquina robotizada. Son pezas clave dun sistema que proporciona comida saudable e rápido. O prezo, tamén excepcional: entre 1 e 5 euros a ración en barqueta e con cubertos compostables e todo no seu punto.

"Cada prato precisa unha temperatura e un tempo de rexeneración diferente. Aquí temos desde pratos de callos ata tortas, pasando por peixes á mariñeira ou faceiras de tenreira. Agora mesmo, unhas 37 referencias, pratos testados na máquina.

"Entre que o robot busca o prato (e o expide) roldan os dous minutos" explica Julio García, profesor no Centro Integrado de FP Carlos Oroza.

"Aquí temos un ciclo de grao superior de primeiro de cociña que son os que realmente estudan a cociña de base, a de toda a vida. Aquí de entrada o que temos é cociña de verdade, produto de calidade, con DOP, IXP, centrados na cociña galega. Temos varias opcións e temos moitas máis. Chegamos a cincuenta pratos dos que eliminamos algúns; os alumnos foron probando...", engade  Paco Moreno Profesor no Centro Integrado de FP Carlos Oroza.

Esta expendedora de menús listos para o consumo é o froito dun proxecto de máis de dous anos con implicación tamén do alumnado. Martín, alumno do centro, salienta a gran funcionalidade da máquina.

"Para hospitais cando tes alguén ingresado, poder ter esta comida caseira ao alcance e moi valorable. E tamén en hoteis cando está pechada a cociña e o hóspede chega tarde para que poida acceder a esta comida que non deixa de ser feita na casa", afirma Martín Vilariño Alumno do Ciclo Superior de Dirección de Cociña no CIFP Carlos Oroza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade