Un encontro internacional sobre saúde mental reúne en Lugo mozos de cinco países europeos
Arredor dunha vintena de persoas de Turquía, España, Portugal, Romanía e Italia intercambian experiencias nesta iniciativa internacional
A xornada comeza con actividades participativas sobre temas de interese. Así o manifesta a psicóloga Noema Fernández: "Fanse actividades en que se traballa a nivel psicolóxico a través da arte, con pintura, escultura, a través do teatro, con dinámicas de grupo, concursos...".
A iniciativa enmárcase dentro dun proxecto internacional Erasmus Plus. Indica o coordinador do proxecto, Álex Besteiro, que "é un intercambio para entender o que se fai noutras institucións e poder compartir técnicas, pero tamén aprendelas e levalas ás escolas".
O proxecto fai fincapé na saúde mental, e tamén no ámbito espiritual. A guía Malina Focsaneanu explica que "vou experimentar como funciona para eles esta resiliencia".
Na experiencia participan mozos de Romanía, Italia, Portugal, Turquía e España.