Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha lucense denunciará xudicialmente o banco que lle cobrou dez euros por imprimir un certificado

Unha lucense denunciará xudicialmente o banco que lle cobrou dez euros por imprimir un certificado

Dende a Unión de Consumidores de Galicia opinan que a denuncia pode ir adiante pola desproporción entre o servizo prestado e a cantidade cobrada

G24.gal 14/03/2023 14:21

O banco cobráballe dez euros por imprimir un certificado da súa conta e a clienta, unha veciña de Lugo, vai levar a entidade ante os tribunais polo que considera comisións abusivas. A Organización de Consumidores de Galicia opina que, aínda que as comisións estean dentro da legalidade, é momento de avaliar a falta de proporcionalidade entre o servizo prestado e o que se cobra.

Marta precisaba un certificado da súa conta bancaria que non daba conseguido na web, polo que foi solicitalo a unha oficina da entidade. E cal foi a súa sorpresa. "Cando o estaba imprimir dime que me cobra dez euros pola xestión de imprimir un papel que di que aquí teño unha conta! É demencial", di indignada.

Non foi esta a primeira desavinza co seu banco, pero si a que a levou a tomar a decisión denunciar ante os tribunais. 

Dende a Unión de Consumidores de Galicia opinan que a denuncia pode ter percorrido. Miguel López, secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia di que "debemos preguntarnos que servizo se está prestando realmente para cobrar esa comisión. Premer dúas teclas e imprimir un documento". Opinan que hai que empezar a falar de abuso pola falta de proporcionalidade entre o servizo prestado e o importe que se cobra.

Dende esta asociación denuncian a dobre moral das entidades bancarias que anuncian servizos para persoas maiores pero que, de facto, están obrigadas a realizar as xestións dixitalmente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade