Cargando resultados...
Unha incidencia na vía atrasa ata dúas horas os trens entre Santiago e Pontevedra
Algúns viaxeiros tiveron que facer a viaxe en autobús
O problema está nun fallo de sinalización na bifurcación Angueira
G24.gal
12/08/2025 14:52
Un problema de sinalización na bifurcación Angueira alterou o tráfico ferroviario entre Santiago e Pontevedra ao longo desta mañá. Algúns pasaxeiros estiveron ata dúas horas parados dentro do tren, ou agardando a que chegase na plataforma da estación.
Un dos convois a Vilagarcía foi cancelado e os pasaxeiros foron trasladados en autobús. Así e todo, moitos queixábanse de falta de información.
Adif aínda non comunicou a resolución da incidencia pero a última hora da mañá o tráfico ferroviario foi recuperando a normalidade.