Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha guía recolle recomendacións sobre os furanchos galegos

Unha guía recolle recomendacións sobre os furanchos galegos

Explican horarios, tapas recomendadas e tamén a historia detrás de cada furancho

G24.gal 26/04/2022 21:07

A Guía Furanchín naceu da idea de dous amigos amantes da gastronomía galega caseira. O que era unha recomedación para amigos converteuse nun proxecto que chega a máis de 35.000 persoas.

Juan Vidal Ventoso, un dos seus creadores, matiza que queren dar a coñecer lugares aos que moitas veces só se chega por alguén que os coñece. Para Lorena Cancelas Rodríguez, colaboradora desta guía, os furanchos teñen o encanto do enxebre, da comida e o viño da casa.

Tamén o ambiente, a atención familiar ou a propia historia do furancho son algúns dos detalles que recollen dos establecementos que van visitando. Para Vidal é moi importante falar cos donos e poder transmitir as orixes do furancho e das vides nas que se produce o viño que serven.

Juan José Berdomas é o propietario dun furancho que leva máis de 30 anos funcionando e recoñece que cada vez teñen máis clientes, notaron cambios coa pandemia e tamén coa publicidade desta nova guía. Agora, coa primavera comeza a época forte dos furanchos, que terán que pechar a finais de xuño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade