Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha galega foi pioneira ao facer o primeiro voo sanitario en España en 1922

Unha galega foi pioneira ao facer o primeiro voo sanitario en España en 1922

Era unha enfermeira nada en Láncara que participou nunha misión sanitaria en avión na Guerra do Rif

Foi o 1 de novembro de 1922, cando estaba no hospital militar de Melilla e socorreu os feridos españois polo ataque dos marroquís na batalla de Tizzi Azza

A prensa da época tratouna coma a unha heroína e foi recibida en audiencia pola raíña Vitoria Uxía e o rei Afonso XIII

G24.gal 02/11/2022 21:05

Nunha imaxe de 1913 vemos a Elvira López Mourín canda as súas compañeiras na primeira promoción de enfermeiras profesionais que saíu do hospital da Cruz Vermella de Madrid.

Ata alí viaxou dende unha humilde casa en San Martiño de Río, no concello lucense de Láncara

O seu primeiro destino foi o hospital militar de Melilla, en plena guerra entre España e Marrocos. O 1 de novembro de 1922 as tropas españolas sufriron un ataque que causou numerosas baixas.

O xeito máis rápido de prestarlles auxilio era en avión, daquela un medio de transporte aínda moi incipiente. E Elvira non dubidou en apuntarse ao voo, acompañando dous médicos. Foron nun biplano.

Unha tese doutoral dun médico de Toledo descubriu por casualidade a figura de Elvira López Mourín como membro desa misión pioneira.

Co recoñecemento dos reis

A fazaña espertou a admiración dos propios militares e o colectivo sanitario, ademais de ser destacada pola prensa da época.

Mesmo chegou a oídos dos propios reis de España, Vitoria Uxía e Afonso XIII, que a recibiron en audiencia e tras escoitala decidiron mellorar a dotación sanitaria do exército do aire.

Despois da guerra do Rif retornou á península. O inicio da Guerra Civil colleuna no bando republicano, nun hospital militar, e incluso foi sometida a un consello de guerra polo réxime de Franco.

Saíu indemne e puido seguir coa súa profesión nun hospital castrense.

Retornaba nas vacacións a Láncara, onde prestou asistencia aos seus veciños. Unha exposición itinerante lembra a súa figura.

Os investigadores intentan confirmar se ademais de ser pioneira en España, Elvira puido ser tamén a primeira muller no mundo en voar nunha misión sanitaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar