Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha furgoneta bate contra unha cabina de peaxe na AP-9 en Vilaboa

Unha furgoneta bate contra unha cabina de peaxe na AP-9 en Vilaboa

Malia o forte impacto, non houbo que lamentar danos persoais

G24.gal 18/05/2024 18:27 Última actualización 18/05/2024 18:44

Este mediodía unha furgoneta de repartimento chocaba contra unha cabina de peaxe da AP-9. Aínda que a imaxe da conta da forza do impacto non hai que lamentar danos persoais.

O condutor do vehículo non quedou ferido nin tivo que ser atendido. Na cabina contra a que impactou a furgoneta non había persoal.

A peaxe en que se produciu o accidente é a de Vilaboa, en dirección Pontevedra-Vigo, á altura do quilómetro 137 da autoestrada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade