Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha florista de Ribeira leva facendo palmas artesanais desde os 6 anos

Unha florista de Ribeira leva facendo palmas artesanais desde os 6 anos

Aprendéronlle en Elx, cando ía coa súa nai comprar as palmas

G24.gal 27/03/2026 14:08

Xa hai tempo que as palmas do Domingo de Ramos pasaron de ser un sinxelo ramo da árbore de palma a auténticas xoias de artesanía. Sábeo ben Nerea España, unha florista de Ribeira de 24 anos que leva 18 perfeccionando esta arte. Nos meses previos á Semana Santa pode chegar a facer máis de mil.

Vai aos mercados de Noia, Rianxo, Boiro, Muros ou Santiago. En todos loce as pezas que trenzou e que vende para o domingo de ramos. Leva facendo palmas desde que tiña 6 anos cando súa nai a levou a Elxe a mercar as palmas. Asegura que "é un traballo moi laborioso, de moitas horas e que non todo o mundo o valora".

No seu caso de trenzar é case un acto mecánico. Di que lle sae só e que pensa seguir coa tradición polo menos como a súa nai, que ten 67 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade