Publicador de contidos

Publicador de contidos

Recomendacións para ver a eclipse total de sol con seguridade

Recomendacións para ver a eclipse total de sol con seguridade

O documento elaborado por astrónomos, meteorólogos, científicos e médicos foi presentado no Consello da Cultura Galega

Prevense milleiros de desprazamentos do sur ao norte da comunidade e colapsos na AP-9

Recomendan planificar a viaxe con tempo dabondo tanto na ida coma na volta

Ver o eclipse sen os lentes homologados pode provocar queimaduras irreversibles na retina
G24.gal 27/03/2026 15:11

A deste verán será unha oportunidade única na vida. Esta é a mensaxe que está calando na sociedade e que está despertando a preocupación das autoridades. Nos concellos do sur, suroeste non se vai poder ver a eclipse do 12 de agosto na súa totalidade, polo que se prevén milleiros de desprazamentos cara ao norte e o leste da comunidade que van colapsar a AP-9.

"Vai ser unha viaxe moi longa, para ir e sobre todo para volver polo tanto hai que ir con aprovisionamento de combustible con bebidas, os móbiles cargados, algo de comida", explica o divulgador científico Jorge Mira.

Que vexamos a eclipse, pero con todas as garantías é o obxectivo. É por iso que o Consello da Cultura Galega está presentando estas recomendacións elaboradas por expertos en astronomía, meteoroloxía, divulgación científica e saúde visual. Poñen especila fincapé nos métodos de visionado. 

 "Nada de filtros de soldador, nada de radiografías antigas, nada de poñer CD un detrás doutro nada de poñer tres lentes de sol unha enriba da outra", continúa.

Só se pode ver de forma indirecta ou con lentes homologadas.

"Impresionante, como se ve o sol perfectamente definido, si, si, si, con seguridade", comenta un rapaz mirando ao sol cuns lentes homologados

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade