Publicador de contidos

Publicador de contidos

As reservas turísticas non paran de medrar na Veiga por mor da eclipse total de agosto

As reservas turísticas non paran de medrar na Veiga por mor da eclipse total de agosto

O concello ourensán será un dos lugares onde mellor se verá o evento astronómico 

G24.gal 16/03/2026 12:42 Última actualización 16/03/2026 15:44

Destino Starlight, teito de Galicia, o municipio da Veiga prepárase para un dos acontecementos astronómicos máis relevantes do último século. Este será un deses lugares privilexiados para ver a eclipse total do 12 de agosto.

"Practicamente está todo cheo, pero, ben, pode haber algunha cancelación de última hora e pode a xente intentalo. Agora todo o mundo te chama: cando vai ser?, como vai ser?, porque é certo que A Veiga nos últimos anos consolidouse como o referente de Galicia de astroturismo, e por eso conleva que evidentemente un feito histórico como a eclipse, pois que todo o mundo nos estea chamando para preguntarnos que vai haber e que non vai haber", dí Juan Anta, alcalde da Veiga.

As primeiras chamadas empezaron xa hai meses.

"Temos reservas dende o verán pasado, xente de Galicia, de toda España, ata temos reservas de Alemaña e de Holanda. Agora mesmo temos todas as habitacións dobres ocupadas, temos prazas de liteiras libres; que chamen o antes posible porque, claro, esto cada día vai a menos." apunta Ana Isabel Álvarez, encargada do albergue Montañas de Trevinca da Veiga.

Tamén na Veiga, a 1.300 metros de altitude, está o observatorio astronómico Trevinca. Ademais deste centro, os miradoiros para observación celeste que hai no concello son ideais para ver a eclipse.

"No campo, ao aire libre, é un fenómeno totalmente sobrecolledor, é antinatural. É como se fai de noite practicamente nun segundo, case de noite, empézanse a ver as estrelas e xusto onde está o sol aparece unha especie de pantasma que é a coroa solar co centro perfecto negro que é a Lúa. É tremendamente espectacular." explica Borja Tosar, astrofísico no Centro Astronómico da Veiga.

Recomendan non deixar o aloxamento para o último día e prepararse para un evento astronómico excepcional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade