A historia da chegada da luz á comarca do Carballiño nunha exposición
Conta con máis de 300 pezas que se poden ver ata o 5 de maio no IES Chamoso Lamas
A vila foi pioneira na electrificación en 1896, tres meses despois da cidade de Ourense
O electricista Adolfo Otero compilou o material e o historiador Xosé Luís Sobrado documentou a historia
Organízana os grupos ecoloxistas Outeiro e Mámoa Verde Patrimonio do Carballiño
Unha exposición con máis de 300 pezas amosa a historia da chegada da luz á comarca do Carballiño. Os materiais da mostra foron recollidos por un veciño que traballou na electrificación na zona e poden verse no instituto Chamoso Lamas da vila. Unha historia pouco coñecida que comezou a finais do século XIX.
O proceso de electrificación na comarca do Carballiño alongouse ata chegar aos últimos núcleos rurais nos anos 70. Adolfo foi un home da luz e gardou estes materiais da época.
A mostra está organizada polo grupo ecoloxista Outeiro e o Grupo Mámoa Verde e pode verse ata o 5 de maio no instituto Chamoso Lamas no Carballiño.