Unha expedición virtual pola Compostela do século XIII abre na sede de Afundación
O proxecto foi desenvolvido polo estudo Maxina e as entradas xa están á venda
Percorrer virtualmente as rúas da Compostela do século XIII, ver a muralla medieval a vista de paxaro ou mercar unha galiña na praza da Quintana. Todo isto é posible na experiencia inmersiva de hiperrealidade que acaba de abrir as súas portas na Fundación Abanca.
Podemos estár á vez no século XIII, na rúa do Vilar coa Catedral románica ao fondo e escoitando os músicos da rúa, e no século XXI, na mesma rúa do Vilar, na sede de Afundación de Abanca, onde Compostella Expeditio nos ofrece unha viaxe de hiperrealidade que nos traslada ás orixes da cidade.
"É unha experiencia para case todos os públicos porque está recomendada a partir dos sete anos. Vaise poder visitar ata setembro", declarou Ana Salgado, a coordinadora da Sede de Afundación en Santiago
"É o que se denomina unha experiencia Free-Roam, de movemento libre, de hiperrealidade, na que vas poder camiñar, tocar interactuar con persoas que son avatares e falan contigo", explicou Carlos Seijo, o director de Estudio Maxina
Nárrase a lenda da fundación da cidade e percórrense rúas e prazas. E ata se pode subir no andamio do pórtico do Gloria e observar o efecto sobre a escultura da luz do solpor. As entradas poden adquirirse en Internet ou na propia sala, unha vista de vinte minutos da man dunha empresa galega con prestixio internacional neste tipo de experiencias inmersivas.