Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha condutora acaba no hospital tras un accidente nunha fochanca na N-540

Unha condutora acaba no hospital tras un accidente nunha fochanca na N-540

Nos talleres da zona din que os problemas nas rodas e os amortecedores son constantes 

Preocupación e indignación entre os condutores que seguen convocando protestas para pedir o arranxo

As obras previstas polo Ministerio de Transportes van con atraso pola chuvia, segundo a Delegación do Goberno

 

G24.gal 16/02/2026 14:58

Os que circulan acotío pola estrada Nacional 540 entre Lugo e Ourense non paran de denunciar o mal estado da vía desde hai tempo, pero despois de todo o que choveu nas últimas semanas a súa preocupación e a indignación van a máis. 

Hai fochancas de 40 centímetros; non se pode andar así por unha estrada! 

Nun dos dous accidentes rexistrados este domingo preto de Guntín, un coche petou cos baixos nunha das fochancas, e a condutora tivo que ser atendida de lesións no hospital polo impacto do golpe. Moi preto outro vehículo tivo que ser tamén auxiliado ao rebentar dúas rodas. Nos talleres da zona din que isto é cada vez máis habitual.

"Todos os días se reparan pinas; rebentóns das pinas, amortecedores rebentados..., asegura Oscar Vilaboa, mecánico dun deses negocios. 

"Nalgúns sitios tes que ir ao carril contrario para evitar as fochancas; non hai escapatoria, ou ss comes ou vas so outro carril".

En Calde, Taboada ou Chantada levan convocando regularmente protestas para pedir o arranxo urxente da vía. Hai condutores que din que fan rutas alternativas máis longas para evitar circular pola N-540. Aseguran que o firme está mal en todo o percorrido de Lugo ata Ourense pero que ha treitos coma o que vai de Guntín a Taboada, no que ocorreron os accidentes deste domingo, que están especialmente mal.

"Eu xa non vou por aí, vou dar a volta a Monterroso".

O delegado do Goberno en Galicia recoñeceu estes días que as actuacións previstas polo Ministerio de Transportes non se están podendo realizar ao ritmo previsto por culpa das chuvias persistentes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade