Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha clínica dental de Santiago quere devolverlles o sorriso aos máis vulnerables

Unha clínica dental de Santiago quere devolverlles o sorriso aos máis vulnerables

Puxo en marcha unha campaña solidaria coa que se fará cargo do tratamento dental de seis persoas con poucos recursos

Tamén financiará uns talleres creativos da asociación contra o párkinson e a esclerose múltiple de Santiago

G24.gal 14/02/2025 14:18

Ter unha boa saúde bucodental axuda a previr moitas enfermidades e mellora a autoestima, pero acceder aos tratamentos non sempre é posible. Unha clínica dental de Santiago lanza unha campaña para axudar as persoas con menos recursos: "Hai xente que non pode acceder á saúde bucodental, porque na Seguridade Social poden quitarche unha moa, fanche cousas de urxencia, pero non che repoñen unha peza", explica Laura Pérez, responsable de proxectos de Oral Group

Así custearán o tratamento de seis persoas vulnerables aos que acceden a través de asociacións sen ánimo de lucro. "Facémoslle un diagnóstico, primeiro cubrimos a saúde e se podemos mellorar a estética, xenial", engade Laura Pérez.

Tamen financiarán algúns dos proxectos que está a desenvolver a asociación contra o párkinson e a esclerose múltiple de Santiago. Foi a gañadora da súa primeira bolsa solidaria. "O proxecto consiste nuns talleres artísticos de pintura, teatro, poesía", di a responsable de proxectos da clínica.

En total presentáronse 34 proxectos, e o seleccionado saíu dun grupo de dez finalistas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade