Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha artista viguesa, autora do mural que adorna Union Square en Nova York

Unha artista viguesa, autora do mural que adorna Union Square en Nova York

Vanesa Álvarez rende homenaxe á loita contra o cambio climático

350.000 persoas pasan cada día por esta céntrica praza

G24.gal 27/05/2023 18:50 Última actualización 27/05/2023 19:47

É a única galega e a única española, que o conseguiu. Pintar o xigantesco mural que cada ano adorna os 700 metros cadrados da céntrica Union Square de Nova York. Vanesa Álvarez asegura que é a praza onde pasan todas as cousas. E por iso quixo que a súa obra faga reflexionar sobre o cambio climático e o feminismo, sen esquecer Galicia.

Foi seleccionada, entre outros 26 candidatos, para deseñar a xigantesca pintura que adorna desde o mércores o asfalto de Union Square, unha zona peonil por onde pasan cada día máis de trescentas mil persoas.

"Sempre me preguntan de onde veñen as miñas cores porque uso moito os turquesas, os verdes e sempre lles digo que veñen do que teño na miña retina de sempre, que é Galicia, claro"

Contou coa axuda de 150 voluntarios para pintar esta obra que chamou "A unión co universo", coa que pretende que todos os que crucen esta praza reflexionen sobre a loita contra o cambio climático.

"Nesta praza vimos protestar por todo, entón unha das cousas que temos enriba da mesa é o cambio climático que está sendo algo bestial e este ano creo que o estamos notando máis ca nunca"

Vanesa xa pintou outros murais na cidade, un deles dedicado ao camiño de Santiago.

 "Por un ano enteiro, por favor, que todos os galegos que viven aquí ou que veñan visitar a Gran Mazá veñan ver este Union whith the Universe".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar