Un xabaril paseou por todo o centro histórico de Lugo o xoves pola noite
O animal decidiu facer unha incursión dentro da Muralla e fixo un percorrido por todo o centro histórico ata que a Policía Local logrou dirixilo cara a unha zona do Carme onde hai vexetación frondosa
Non é a primeira vez que aparece un xabaril deambulando pola zona urbana de Lugo, pero a última incursión foi todo unha sorpresa. Un exemplar destes animais decidiu facer unha incursión dentro da Muralla e fixo un percorrido por todo o centro histórico ata que a Policía Local logrou dirixilo cara a unha zona do Carme onde hai vexetación frondosa.
Como un peregrino máis facendo o Camiño Primitivo, entrou pola porta de San Pedro e enfilou cara á catedral.
"Eu estaba no bar e escoitei a xente dicindo que había un xabaril pola rúa".
"Imaxina, unha rúa tan estreita coma San Pedro, a xente tomando os viños por aí e mirando pasar o xabaril... quedou asombrada!".
Peregrino ou turista porque percorreu todalas prazas e rúas máis céntricas ante a perplexidade das persoas que se foron cruzando con el.
"Lugo é unha cidade moi interesante e decidiu facer unha ruta turística".
" Veu dar unha volta, un turista máis".
Menos mal que o seu horario verpertino, o paseo foi entre as nove e as dez da noite, non coincidiu co das tendas que participaban nunha nova xornada de comercio na rúa.
"Estivemos todo o día co xénero fóra para o outlet e dixemos... se chega a vir a media tarde!".
Unha patrulla da Policía Local foi acompañando e vixiando ao animal, aparentemente moi manso, mentres facía unha incursión polo barrio de viños. Menos mal que os porcos bravos pouco saben de reclamos turisticos e de iso de "e para comer, Lugo".
"Menos mal que non entrou tomar un viño".
Non é a primera vez que se ven xabarís en zona urbana, pero nuncha entraran, que se saiba no recinto histórico.
"Ocorreu xa varias veces, pero así un só é raro".
Non ameazou a ninguén, non tentou entrar en ningún local e os axentes fórono guiando ata sacalo pola porta Miñá cara ao barrio do Carme, onde hai unha ampla zona de vexetación e sen edificar. Púxose fin así a aventura urbana do xabaril que regresou ao seu habitat sen morder un triste petisco.