Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un veciño de Carballo rescata unha muller no río Anllóns

Un veciño de Carballo rescata unha muller no río Anllóns

O home daba un paseo pola beira do río cando divisou un corpo que xacía boca abaixo na auga

A muller, de 74 anos, foi trasladada ao centro de saúde sen danos graves que lamentar

Vincenzo Filippelli, o veciño que rescatou a muller no río
G24.gal 30/05/2023 14:19

Como cada mañá, Vincenzo foi dar un paseo co can pola beira do río Anllóns en Carballo. Pero non foi unha mañá coma outras: chegando á zona da estación de autobuses, divisou un corpo na auga. 

"Vin unha señora boca abaixo, e reaccionei ao momento: tireime ao río", relata Vincenzo Filippelli, un italiano da Calabria que leva 20 anos en Carballo, casado cunha galega que coñeceu na emigración en Suíza.  

Cre que a muller que rescatou puido precipitarse á auga entre a vexetación, nunha zona sen valar do paseo fluvial. Conta que estaba "desorientada", e ten por seguro que -noutras circunstancias- o desenlace podería ser fatal. 

"Se hai máis auga, non habería salvación para a señora" afirma. "É que estaba afogando -di- un minuto máis, e acabouse". 

Suxeitouna no río ata que chegaron os reforzos: axentes da Garda Civil e da Policía Local axudaron no rescate, e conseguiron subila. Abrigárona ben e, unha vez estabilizada, levárona a revisión ao centro médico de Carballo.

Por sorte todo quedou nun susto. "Para min, adrenalina" afirma Vincenzo, que agradeceu estar en boa forma para o rescate. "Vou ao ximnasio -aclara- así que, con 70 anos, estou ben preparado".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade