Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatados doce nenos e dous monitores que quedaron á valga en Ons cando facían paddle surf

Rescatados doce nenos e dous monitores que quedaron á valga en Ons cando facían paddle surf

Dúas embarcacións da navieira Piratas de Nabia acudiron á chamada de Salvamento Marítimo

Arrastrábaos o vento mar a dentro e non eran capaces de volver á praia

O rescate foi complexo e os menores viviron momentos de pánico

G24.gal 15/08/2025 14:44

Rescate con final feliz. Dúas embarcacións da navieira Piratas de Nabia rescataron 12 menores e 2 monitores que facían paddle surf e caiac nunha praia das Illas Ons. O vento do norte impedíalles manexar as embarcacións e volver á praia polo que Salvamento Marítimo deu a voz de alerta. Estaban participando no campamento de verán da Xunta.

Hoxe, o servizo de Pirata de Ons foi con néboa e turistas. Este mércores, logo dunha chamada de Salvamento Marítimo, os que entraban pola porta principal da embarcación eran 9 nenos e 1 monitor do campamento de verán da Xunta na illa de Ons. Estaban facendo paddle surf e caiac na praia de Area dos Cans e quedaron á deriva.

Os nenos tiñan sobre 10 anos polo que o rescate foi complexo. Viviron momentos de moita angustia e de certo pánico. 

Outro dos barcos desta mesma navieira, o Bugambilla rescatou o décimo neno e o segundo monitor. Unha aventura que tivo final feliz malia o mal trago para todos. 

Tódolos nenos e os monitores están ben, leváronos de volta á Illas Ons. O patrón que os rescatou lamenta que unha das embarcacións ás que lle solicitou axuda Salvamento Marítimo non acudira á chamada de socorro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade