Cargando resultados...
Complexo rescate dunha octoxenaria nun pozo de máis de 10 metros
Os bombeiros de Vilagarcía conseguiron izala con cordas e arneses logo dunha hora de traballo
G24.gal
03/08/2026 13:35
Unha muller de 79 anos foi rescatada en Caldas de Reis logo de caer a un pozo moi estreito de máis de 10 metros de profundidade.
Inicialmente foi socorrida por un familiar, que ao decatarse da caída guindoulle unha mangueira para que non afogase, xa que había tanta auga que a muller non era quen de facer pé.
Os bombeiros de Vilagarcía conseguiron izar a muller cun sistema de cordas e arneses logo de case unha hora de traballo.
A ferida está en bo estado e recupérase no Hospital Provincial de Pontevedra tras o seu paso polo Hospital do Salnés.