Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatada do medio das chamas unha persoa que estaba facendo un cortalumes en Vilariño de Conso

Rescatada do medio das chamas unha persoa que estaba facendo un cortalumes en Vilariño de Conso

O Grupo de Rescate en Montaña da Garda Civil foi o responsable da evacuación desta persoa no incendio de Cenza

Os axentes avisaron os medios aéreos, que fixeron varias descargas de auga na zona para salvar a persoa

G24.gal 17/08/2025 12:26 Última actualización 17/08/2025 14:27

O Grupo de Rescate en Montaña da Garda Civil evacuou este domingo unha persoa que estaba rodeada polas chamas dun incendio forestal en Cenza, no municipio de Vilariño de Conso (Ourense), mentres abría unha devasa

Segundo informaron fontes da Garda Civil, solicitouse a asistencia de medios aéreos, que fixeron varias descargas de auga na zona para salvar a persoa.

Os incendios que combaten nestes momentos os servizos de extinción en Galicia calcinaron máis de 50.000 hectáreas, a maioría na provincia de Ourense, a máis castigada polo momento e na que permanecen activos ata 12 lumes
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade