Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un veciño da Guarda fai o segundo quebracabezas máis grande do mundo

Un veciño da Guarda fai o segundo quebracabezas máis grande do mundo

Ten 42.000 pezas e fixeron falta 150 días para montalo

G24.gal 21/06/2023 21:32

O segundo crebacabezas máis grande do mundo está en Galicia. Un veciño da Guarda empregou cinco meses en montar el só as 42.000 pezas que compoñen o cadro. 

O máis difícil, di, foi buscar un oco para facelo e logo transportalo.

Do traballo na administración de lotaría ao baixo onde montaba o crebacabezas. Foi a rutina diaria que mantivo ocupado a Óscar durante as case 150 xornadas que tardou en completar a obra.

Xa é un experto en montar este tipo de cadros. Antes deste, fixo outro de nove mil pezas. Co tempo apréndese determinadas técnicas que facilitan o obxectivo.

O máis complicado foi atopar un lugar de montaxe. E logo o transporte ata o destino final, unha parede do portal do edificio, a única que podía acoller os doce metros cadrados da obra.

No aeroporto de Panamá hai outro exemplar deste cadro de 42.000 pezas, que é o segundo maior do mundo.

Por diante está un de 51.300. Antes de poñerse con el, Óscar ten que buscar espazo para a nova misión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar