Un veciño da Estrada quéixase de prexuízos polo abandono dun camiño municipal
Presentou varias queixas pola falta de mantemento e polos danos que lle ocasionaron as máquinas agrícolas de gran volume que por el transitan
Un camiño de servizo a unhas leiras de Prado, no concello da Estrada, ten en xestión continua co Goberno municipal o veciño da vivenda situada no terreo lindeiro. Presentou varias queixas pola falta de mantemento e polos danos que lle ocasionaron as máquinas agrícolas de gran volume e peso que por el transitan.
"E na primeira instancia soliciteille ao Concello que adecuaran o camiño, porque son 30 toneladas de máquina por un camiño de terra, que realizaran unha drenaxe para evitar que toda a auga da chuvia acabara na miña casa. Fixen varias queixas e ingnoráronme. E o ano pasada rebentáronme a única liña de auga potable que chega á casa, rebentaron os tubos de acceso e rebentaron varios postes do cerramento do meu terreo", di Pascual Del Río Fuentes.
E engade que elevou a queixa á Valedora do Pobo en vista do paso do tempo e a ausencia de resposta do Goberno municipal da Estrada ás súas solicitudes:
"E reclameille os danos; os postes, os tubos da entrada e a liña de auga. Como tampouco contestaron, púxeno en coñecemento da Valedora do Pobo que considerou oportuna a miña reclamación. O prazo do segundo requirimento acabou a semana pasada e... ata o día de hoxe, o Concello aféitase para riba".
Este veciño de Prado, A Estrada, di que leva dous anos de reclamacións por escrito dirixidas ao Concello tras outro tanto de solicitudes verbais obtendo a mesma resposta do concelleiro responsable.
"Estou moi saturado, dáme uns días".
E eses días Pascual xa os conta por anos coa súa demanda sen atender.