Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un robot camareiro sorprende os clientes cantándolles polo aniversario

Un robot camareiro sorprende os clientes cantándolles polo aniversario

Chámase Miau e é un dos atractivos dun restaurante xaponés de Vigo

G24.gal 12/09/2022 21:55

Chámase Miau, ten cara de gato e é xa un dos principais reclamos dun restaurante xaponés da Avenida de Samil, en Vigo. 

Miau é un robot camareiro.

Ten un corpo formado por bandexas e desprázase con soltura entre as mesas.

Cando chega ao seu destino, el mesmo anima o cliente a que colla o prato que solicitou.

Por se este fose pouco reclamo, Miau tamén canta para os clientes que están de aniversario.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade