Publicador de contidos

Publicador de contidos

A cantina móbil da Cruz Vermella recorre as aldeas para combater a soidade no rural

A cantina móbil da Cruz Vermella recorre as aldeas para combater a soidade no rural

Xuntarse para botar a partida ou un conto; a Cruz Vermella recupera a filosofía das cantinas das aldeas a través da súa cantina móbil 

Este verán estará nunha ducia de aldeas da provincia de Lugo

G24.gal 27/07/2026 13:22 Última actualización 27/07/2026 14:38

Algo tan sinxelo como sentar arredor da mesa cunha taza de café e boa conversa.

"Nas aldeas necesitamos de sitios onde xuntarnos os veciños, xa somos poucos", di unha muller.

Ter compañía e selo. Xogar unha partida e botar unhas risas.

"A partida ben, ou as levas todas ou nada", comenta un home. 

Tamén hai tempo para exercitar a memoria, a atención ou a capacidade de reacción.

"Traballo moito a nivel cognitivo, con exercicios para exercitar a memora, a atención", explica Marta Fernández, unha das técnicos de animación da Cruz Vermella.

Está pensada para combater a soidade do rural.

"É que se non hai algo así, xa nin imos coñecernos", di un home.

Este verán a cantina mobil da Cruz Vermella visitará unha ducia de aldeas da provincia de Lugo. Poñela en ruta require dun traballo previo moi laborioso e non sería posible sen a colaboración das asociacións de veciños.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade