Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chegan a Vigo os bancos da amizade

Chegan a Vigo os bancos da amizade

Un vigués anónimo segue o ronsel iniciado pola moza americana Acacia Woodley en 2012

G24.gal 05/06/2026 21:36

Preto de douscentos bancos urbanos de Vigo apareceron cunha singular pegatina "bancos da amizade".

O autor dos adhesivos é un vigués anónimo que quere favorecer a conversa e a relación social entre os cidadáns que se sintan sós. As pintadas apareceron sobre todo nos barrios de Coia e Peniche.

Hainos de pedra, de ferro, de madeira , sinuosos ou rectos. En Vigo houbo un tempo en que os bancos se puñan a demanda. Desde hai varias semanas en Vigo hai tamén os bancos da amizade.

Naceron en 2012 en Estados Unidos para favorecer o encontro das persoas que se sentisen soas. En España habíaos xa en Aragón e Andalucía. 

A presenza de nenos e mascotas tamén favorecen a conversa.

Puri, Julia e as outras amigas chegadas de Foz, Leiro ou do propio Vigo pasan cada tarde aquí algunha tan só leva tres anos pero xa fixeron comunidade. Aquí non precisan adhesivos para se comunicar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos