Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta activa o 900-830-831 para axudar a todos os que se sintan sós

A Xunta activa o 900-830-831 para axudar a todos os que se sintan sós

A liña do Goberno galego e a Cruz Vermella ofrece atención personalizada 

170.000 persoas sofren en Galicia a soidade non desexada

Rueda insistiu na importancia de identificar as persoas que sofren illamento para poder axudalas

G24.gal 29/07/2025 13:58

O 900-830-831 é o número ao que poden chamar todos os galegos que se sintan sós. A liña pretende ser máis ca un número, busca poñer o foco nun problema que precisa de toda a sociedade. 

A presidenta da Cruz Vermella. Mercedes Casanova, explica que  "a comunidade ten que incluírse neste proxecto porque somo todos os auténticos construtores dun ámbito máis amable a máis humano para as persoas maiores"

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, insistiu na importancia de identificar as persoas que sofren illamento para poder axudalas.

"Para chegar a todas esas persoas, 170.000 en Galicia, moitas delas mulleres, que están en situación de soidade non desexada, queren cariño, calor humana e non o teñen, e só hai unha maneira de solucionalo, que é detectalo", asegurou Rueda.

 A Xunta vai investir 145 millóns de euros na Estratexia Galega contra a soidade non desexada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade