Cargando resultados...
Un renovado Básquet Coruña preséntase co obxectivo de "volver á elite"
A única ausencia foi a de Caio Pacheco, que está previsto que chegue á Coruña este venres
G24.gal
04/09/2025 12:24
Última actualización 04/09/2025 12:28
O Básquet Coruña levou a cabo a presentación do seu novo equipo para a próxima tempada 2025-26 coa presenza de dez dos seus once xogadores.
A única ausencia foi a de Caio Pacheco, que está previsto que chegue á Coruña este venres tras saír campión da AmeriCup coa selección do Brasil.
O presidente, Pablo de Amallo, destacou o apoio da afección.
"O apoio económico a pesar do descenso. Estamos a rozar os 5.500 abonados. Que o equipo que hoxe presentamos aquí nos axude a conseguir o obxectivo, que é volver á elite".
O Leyma xogará a semifinal da Copa Galicia ante o Obradoiro.