Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vitoria de Basquet Coruña ante Palma e derrota de COB Ourense en Palencia

Vitoria de Basquet Coruña ante Palma e derrota de COB Ourense en Palencia

Os  de Carles Marco reafirman o seu dominio na categoría con outra cómoda vitoria no Coliseum e pechan unha primeira volta case perfecta

Os ourensáns gañaban por 13 o inicio do último cuarto pero non souberon manter a vantaxe

G24.gal 16/01/2026 20:58

Basquet Coruña segue con paso firme a súa traxectoria na Primeira FEB. Os de Carles Marco derrotaron a Palma nun partido onde soamente houbo igualdade nos primeiros oito minutos. Despois da igualada a 15 chegaría o primeiro tirón no marcador favorable o equipo laranxa que se foi a un 27–16 ó inicio do segundo cuarto. Guiados polas triplas de Guillem Jou os locais foron abrindo máis oco deixando o partido case sentenciado ó descanso cunha tripla sobre a bucina de Brnovic que colocaba o 52-31 no intermedio. A segunda metade foi máis igualada, con intercambio de canastras por ambos conxuntos e aproveitando o equipo herculino para repartir minutos entre todos os seus xogadores. Finalmente un claro 94–72 que reafirma o liderado dos laranxas que se manteñen con soamente un partido perdido no que levamos de competición. Joe Cremo foi o máximo anotador con 16 puntos.

Pola súa parte o COB Ourense.. Os de Moncho López non se deixaron amedrentar polo ambiente da Balastera e rapidamente foron collendo vantaxes no marcador que rondaban os dez puntos (14–22, 20–29). Gabe Kalscheur levaba a iniciativa anotadora e os ourensáns semellaban cómodos na pista. Pero nos últimos minutos do segundo cuarto chegaría a remonta local, a un minuto do descanso colocáronse por diante, 37-36 pero o COB soubo aguantar o tirón local e grazas a unha canastra de Gill chegarían o intermedio co partido igualado (39-39). O terceiro cuarto foi de claro dominio ourensán. Dirixidos de forma maxistral por Isaac Vázquez o COB infrinxiulle un parcial de 13–26 a Palencia, chegándose o último cuarto cun 52–65 favorable o equipo de Moncho López. Pero no cuarto decisivo ofuscáronse en ataque e  Palencia devolveu o parcial dándolle a volta ó electrónico e colocándose por diante a catro minutos do final, 69–67. Os das Burgas quedaron sen forzas e Palencia xa dominou ata o final impoñéndose por seis puntos, 83-44. Isaac Vázquez foi o mellor do COB con 16 puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar