Publicador de contidos

Publicador de contidos

O COB perde nas semifinais da Copa de España contra Estudiantes (71-90)

O COB perde nas semifinais da Copa de España contra Estudiantes (71-90)

A final de hoxe, que da vantaxe de cancha no play off de ascenso á ACB, xógana os madrileños contra o Palencia

Foto: clubourensebaloncesto.com
G24.gal 25/01/2026 12:12

O Club Ourense Baloncesto non xogará a final da Copa España. Perdeu fronte ao Estudiantes malia o excelente partido do seu pivote Romaro Gill, máximo anotador con 24 puntos. Estivo demasiado só, pois ningún dos seus compañeiros chegou á decea.

Logo de 16 minutos igualados, o Estudiantes abriu oco antes do descanso e deixou a semifinal xa decidida no terceiro cuarto. O equipo madrileño xogará hoxe a final fronte o anfitrión, o Palencia. O gañador levará o título e a vantaxe de cancha para os playoffs de ascenso á liga ACB.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade