Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un COB imperial acaba coa xeira do Obradoiro (96-93)

Un COB imperial acaba coa xeira do Obradoiro (96-93)

O Obradoiro chegou a ter 11 puntos de vantaxe

O COB reaccionou no terceiro cuarto e deulle volta

O Obradoiro acaba cunha xeira de 12 vitorias e os locais cunha de catro derrotas

G24.gal 10/01/2026 21:35 Última actualización 10/01/2026 22:26

O COB deu a badalada no Paco Paz e, cando máis complicado o tiña, cando parecía que o Obradoiro dominaba o partido e mesmo chegara ter 11 puntos de diferenza, aí tirou de coraxe e soubo sacar o mellor do seu baloncesto ata o 96-93 final.

Porque a primeira parte foi dos santiagueses, apoiados no seu acerto exterior. 43-49 ao descanso, cun 7/16 na tripla e 13 puntos de Barrueta. Pero, á volta, a situación comezou a cambiar. A intensidade local complicou a Obradoiro. Os tiros empezaron a non entrar e o COB encontrou un ritmo de xogo asoballador, o que lle impuxeron Vázquez e Lisboa. 

Os ourensáns entraron no último cuarto un abaixo e, nese capítulo final, anotou 29 puntos para acabar por levarse a vitoria. Especial mención a como souberon manexar os segundos finais, cando gañaban por seis a falta dun minuto e o Obradoiro encadenou dúas triplas. De Westerman e Barcello. Pero o COB -desde a liña de tiros libres- soubo aguantar.

Despois de catro derrotas, os de Moncho López volveron gañar e acabaron cunha xeira de 12 triunfos consecutivos do Obradoiro na Liga.

   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade