Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro necesita dunha prórroga para derrotar a Menorca (100-86)

O Obradoiro necesita dunha prórroga para derrotar a Menorca (100-86)

Sufrida vitoria do cadro compostelán no que destacou  o gran partido do base norteamericano Micah Speight con 31 puntos e 40 de valoración

Os santiagueses gañan e meten presión ó líder, Basquet Coruña, que xogará no Coliseum ante Menorca

@BasquetMenorca @BasquetMenorca
G24.gal 10/02/2026 21:17

 

A saída do equipo balear foi en tromba e da man dun inspiradísimo Thad Macfadden abriron rapidamente fenda de once puntos no marcador, 5–16, o que obrigou a Diego Epifanio a solicitar un tempo morto. Coa entrada en pista da segunda unidade o equipo compostelán foi pouco a pouco reducindo a vantaxe deixándoa soamente en tres puntos o remate do primeiro cuarto (19-22).

Pero de novo comezou forte o cadro visitante coa ameaza continua das triplas do norteamericano ao que ben acompañaban o ex obradoirista Zurbriggen e o congoñeño Wemby. Pero da man de Speight chegaría unha nova reacción local que sería quen d epoñerse por diante no marcador a tres minutos do final tras un mate de Dos Anjos. Pero de novo os menorquinos castigaron ó Obra desde a liña de tres puntos, con dúas triplas de Sola e unha do inspirado Macfadden (17 puntos e 5 triplas ó descanso) colocando o 42–47 co que se chegaría ó intermedio.

O terceiro cuarto mantivo o mesmo guión. Outra boa saída de Menorca, agora con participación dos ex obradoiristas Vicedo e Zurbriggen, e de novo a remolque Obradoiro que conseguiría frear ese inicio grazas a defensa de Quintela e Speight e os puntos do base norte americano, 66-67, ao final do terceiro cuarto. E xa no cuarto definitivo os de Epifanio subirían un punto máis a súa defensa, Brito sumábase a Speight na anotación e por primeira vez no partido xogarían con marcador a favor (76–69 min 35). Os santiagueses non pecharon o partido, errando moitos tiros sinxelos, e cinco puntos consecutivos de Jaume Lobo volvían a meter no partido ós baleares. 76–74, a dous minutos do final. Seguiría a sequía ofensiva dos composteláns, Lobo anotou dous tiros libres e Kravic errou a un segundo do final o lanzamento que podería evitar a prórroga.

No tempo extra volveu aparecer Micah Speight que cos seus puntos e defensa guiou ó cadro compostelán a unha traballada e importante vitoria ante un Menorca Basquet que deu a cara ata o final. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade