Cargando resultados...
O Breogán estreará diante de Manresa un espectacular videomarcador
Ten máis de 60 metros cadrados e só o supera en toda a ACB a instalación feita polo Valencia Básket
G24.gal
27/03/2026 13:41
Un dos alicientes para os afeccionados do Breogán nesta xornada será ver o novo vídeo marcador que ten o Pazo dos Deportes de Lugo. Unha espectacular estrutura duns 60 metros cadrados coa que poderán seguir ao detalle o desenvolvemento do partido desde as bancadas.
O propio Luís Casimiro, adestrador do equipo lugués, chanceou na previa do partido asegurando que terá que "pedir un challenge aínda que non haxa xogadas polémicas para que a xente se deleite desde a bancada". Un paso máis na modernización do Pazo que quere converterse nunha das pistas máis quentes de toda a ACB.