O celtismo premia o gran mes de febreiro de Miguel Román
Miguel Román disputou 6 partidos en febreiro, 4 de liga e 2 de Europa
O futbolista de Gondomar está recuperándose dunha lesión nun óso do pé
A afección do Celta elixiu a Miguel Román coma o mellor xogador do mes de febreiro, o último que xogou antes mancarse ata final de temporada. Un premio que serve de recoñecemento á súa excelente temporada.
O futbolista de Gondomar estaba sendo unha das revelacións do Celta esta temporada pola súa regularidade e alto nivel amosado. Unha circunstancia da que o céltico non era realmente consciente durante a competición pola sucesión de partidos, pero que o enche de felicidade.
"Nesta parada, cando non estou xogando e vexo os partidos dende fóra é cando me dou conta de verdade do que estaba conseguindo, é algo que si mo din o ano pasado non mo imaxino"
"Estes dous últimos meses son os máis importantes porque é cando se decide todo pero cos pés no chan de saber onde estamos e afrontando cada partido".
O Celta clasificouse para os cuartos de final de Liga Europa e está situado na sexta posición na liga.