Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mavra destaca o "calendario difícil" que ten o Breogán ata o final de temporada

Mavra destaca o "calendario difícil" que ten o Breogán ata o final de temporada

O base croata recibiu o premio como mellor xogador do mes de febreiro

Foto Breogán
G24.gal 24/03/2026 17:11 Última actualización 24/03/2026 17:21

O base croata Dominik Mavra foi distinguido como mellor xogador do mes de febreiro no Río Breogán, un premio que chega nun momento no que o director de xogo celeste se está a consolidar como unha das pezas clave do equipo lucense. O galardón recoñece tanto o seu rendemento individual como a súa influencia no xogo colectivo.

Na presente tempada na Liga Endesa, Mavra está a asinar uns números sólidos, cunha media de 7,8 puntos, 5,3 asistencias e case 2 rebotes por partido. O base destaca especialmente na dirección, sendo o máximo asistente do Breogán, con máis dun cento de pases de canastra no curso .

Máis alá das estatísticas, o xogador balcánico está a exercer como auténtico motor ofensivo do equipo, imprimindo ritmo, criterio e lectura de xogo nun conxunto que ten na circulación de balón unha das súas principais armas. A súa regularidade e capacidade para xerar para os compañeiros convertérono nun referente nunha tempada esixente para os lucenses. O Breogán gañou nas Canarias tras catro derrotas seguidas.

"É verdade que temos un calendario moi difícil, xogamos contra Bilbao e o Barcelona".

Este recoñecemento mensual confirma o bo momento dun Mavra que, sen facer moito ruído, continúa sendo indispensable no equilibrio do Breogán, tanto na creación como na organización do xogo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade