O Breogán vence na pista do Gran Canaria (75-83) diante dun rival directo
Os de Luis Casimiro racharon o partido no terceiro cuarto para avantaxar en dous triunfos os canarios
Puideron mesmo darlle a volta ao basket average no treito final, despois da derrota por 11 puntos na primeira volta
Na Liga ACB, o Río Breogán gañou na pista do Gran Canaria e acabou coa serie de catro derrotas consecutivas.
O equipo lugués entrou moi concentrado no partido e logrou vantaxes importantes no marcador durante un primeiro cuarto que terminou con vantaxe breoganista de seis puntos. Pero os locais, tamén moi necesitados, foron equilibrando o xogo e tamén o marcador e lograron chegar ao descanso por díante.
O 44 a 43 do lecer deixaba todo aberto para o recomezo. E o Breogán volveu dos vestiarios coa mesma determinación do inicio do encontro. A aportación anotadora de Rusell, Brankovic e Andric devolveu a iniciativa aos de Luis Casimiro, que lograron un parcial de 13 a 26.
Doce arriba para afrontar o último cuarto en que acabaron gañando por 75-83. O Breogán suma nove vitorias, tres por riba dos postos de descenso.