Casimiro: "Traballamos desde a tranquilidade, e iso é unha moi boa nova para o Breogán"
O Breogán xoga ante un Baxi Manresa que só logrou unha vitoria nos últimos cinco encontros xogados fóra da casa
Logo do importante triunfo nas Canarias, Río Breogán recibe este sábado ao BAXI Manresa no Pazo dos Deportes nun encontro no que o conxunto de Luis Casimiro buscará facerse forte na casa e gañar continuidade nunha tempada marcada pola irregularidade. Os lucenses compiten con solvencia, pero seguen a acusar altibaixos que lles impiden dar un paso adiante na clasificación.
O equipo sostense no control do ritmo que imprime Dominik Mavra, clave na dirección, e na capacidade anotadora do xogo exterior, con Francis Alonso como referencia, ademais do peso interior de Danko Brankovic. Cando o Breogán consegue equilibrio entre liñas e fluidez ofensiva, é un rival incómodo para calquera. Un triunfo permitiríalles aos de Casimiro reforzar a súa posición e gañar confianza no tramo decisivo da tempada.
Casimiro: "Traballamos desde a tranquilidade, e iso é unha moi boa nova para o Breogán".
No Pazo, e co apoio da súa afección, o reto será manter intensidade e regularidade durante os 40 minutos ante o Manresa. O Baxi Manresa aterrará cun claro defícit no que vai de 2026, xa que os pupilos que adestra Diego Ocampo baixaron as súas prestacións a domicilio cun balance de só unha vitoria nos últimos cinco encontros xogados fóra de casa. Ademais, cun problema defensivo importante, xa que se aproxima aos 95 puntos de media encaixados neses encontros.