Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo tentará amosar as credenciais como visitante no Molinón

O Deportivo tentará amosar as credenciais como visitante no Molinón

O partido poderá verse na TVG este sábado ás 21:00 horas

Agárdase un desprazamento masivo da afección coruñesa

O Deportivo é o mellor visitante do campionato con 30 puntos (9 vitorias) logrados en 16 xornadas

G24.gal 27/03/2026 12:39

Nova oportunidade para ver a versión do Deportivo como visitante. É lonxe de Riazor onde está a asinar os mellores números. De feito é o mellor equipo nos partidos fóra da casa con 30 puntos sumados en 16 partidos (9 vitoras, 3 empates e 4 derrotas). Xogou seis encontros neste 2026 e só perdeu no campo do Castellón e acaba de gañar diante da Real Sociedade B e do Ceuta en partidos que se resolveron no tempo engadido. O encontro poderá seguirse en directo pola Televisión de Galicia este sábado ás 21:00 horas. 

Para o desprazamento a Xixón haberá dúas baixas do último equipo titular. Lucas Noubi está concentrado coa selección belga sub21 e Stoichkov terá que descansar ao ver o quinto cartón amarelo contra o Zaragoza. Pola contra, o adestrador recupera a Miguel Loureiro que non puido estar o sábado pasado por unha escordadura de nocello. 

O Deportivo defenderá o segundo posto que ocupa na táboa clasificatoria diante dun vello coñecido da afección. Borja Jiménez, técnico durante unha campaña e media do cadro coruñés, defende agora o Spórting que ten unha das últimas oportunidades para engancharse aos seis primeiros postos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade