Oyarzabal lidera a vitoria de España ante Serbia (3-0)
Dobrete do dianteiro da Real Sociedade que segue en estado de gracia coa selección
O debutante Víctor Muñoz completou a goleada
O dianteiro do Celta Borja Iglesias quedou sen minutos e esperará a súa oportunidade no partido do martes ante Exipto
@SEFutbol
España tomouse en serio o partido desde o inicio. Luis de la Fuente tiraría do seu libreto e apostaría por unha columna vertebral formada por Unai Simón, Laporte, Rodri, Pedri, Lamine e oyarzábal. E os homes de confianza do seleccionador non fallaron. Oyarzabal seguiría os eu romance co gol coa camisola da selección e anotaría un dobrete na primeira metade con dous bos zurdazos, o primeiro tras un gran movemento dentro da área de Baena deixando pasar o balón e o segundo cun gran remate á escuadra desde a frontal da área. Entre medias Lamine Yamal estrellaría un balón no pau esquerdo da meta serbio, o porteiro nado en ourense Vanja Milinkovic Savic.
Na segunda metade chegaron as rotacións e os descansos ós xogadores. E sería un dos debutantes, o osasunista Víctor Muñoz, quen acadaría o terceiro gol grazas a unha xenial asistencia co calcaño por parte de Ferrán Torres. O propio dianteiro do barcelona gozou dunha dobre ocasión na que se topou as dúas veces co porteiro serbio que se volvería a lucir tras un remate de Dani Olmo impedindo o cuarto tanto do combinado español.
Os de Luis de la Fuente volverán a xogar o martes un novo amigable, esta vez en Cornellá, ante a selección de Exipto.