Publicador de contidos

Publicador de contidos

España encalla fronte a Exipto no debut de Joan García e Barrenetxea

España encalla fronte a Exipto no debut de Joan García e Barrenetxea

A selección quedou sen premio este martes no RCDE Stadium ante Exipto (0-0)

Os xogadores da selección, entre eles o galego Borja Iglesias, ao remate do partido (EFE/Alberto Estévez) Os xogadores da selección, entre eles o galego Borja Iglesias, ao remate do partido (EFE/Alberto Estévez)
G24.gal 01/04/2026 08:51

España quedou sen premio este martes no RCDE Stadium ante Exipto (0-0), nun partido amigable en que o combinado adestrado por Luis de la Fuente mellorou tras o descanso e fixo méritos para marcar.

Tras unha primeira metade sen fluidez e na que ata puido encaixar un gol nun remate illado de Omar Marmoush ao pau, a selección mellorou cos cambios de De la Fuente, dominou o segundo acto e xerou numerosas ocasións de gol. A máis clara, un remate de falta directa de Grimaldo ao traveseiro.

Exipto terminou cun xogador menos pola expulsión de Fathy no minuto 85 por dobre amarela, nun partido que supuxo o debut de Barrenetxea e Joan García coa selección española absoluta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade