Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lamine Yamal: "Usar a relixión como burla nun campo déixavos como ignorantes e racistas"

Lamine Yamal: "Usar a relixión como burla nun campo déixavos como ignorantes e racistas"

Engadiu que "como persoa musulmá non deixa de ser unha falta de respecto e algo intolerable"

Foto EFE Foto EFE
G24.gal 01/04/2026 16:09 Última actualización 01/04/2026 16:22

O dianteiro da selección española Lamíne Yamal cualificou como "unha falta de respecto intolerable" os cánticos islamófobos que unha parte do RCDE Stadium entoou durante o partido amigable que enfrontou o martes a España e Exipto, e tachou aos responsables de "ignorantes e racistas".

"Eu son musulmán, alhamdulillah (grazas a Deus). Onte no estadio escoitouse o cántico de 'o que non bote é musulmán'"

"Sei que ía polo equipo rival e non era algo privado contra min, pero como persoa musulmá non deixa de ser unha falta de respecto e algo intolerable", escribiu o xogador do Barcelona no seu perfil de Instagram

Tras matizar que "non toda a afección é así", Lamine Yamal dirixiu unha mensaxe a aqueles que si participaron.

"Usar unha relixión como burla nun campo déixavos como persoas ignorantes e racistas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade