Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un raio alcanza un avión en plena aterraxe en Vigo e provoca atrasos

Un raio alcanza un avión en plena aterraxe en Vigo e provoca atrasos

A aeronave tivo que ser revisada e houbo que facerlle algúns arranxos

O seguinte voo saíu con máis de sete horas de atraso e provocou queixas nos pasaxeiros

G24.gal 01/04/2024 19:40 Última actualización 01/04/2024 21:59

Un raio alcanzou un avión en plena aterraxe no aeroporto de Vigo este luns e provocou á súa vez un atraso de máis de sete horas no voo seguinte debido a que a aeronave tivo que ser revisada.

Segundo fontes de Air Europa, os feitos aconteceron sobre as oito da mañá, cando o avión, procedente de Madrid, trataba de aterrar durante o transcurso da tormenta. 

A pesar de que o raio non provocou ningún incidente, a aeronave tivo que ser revisada e, finalmente, houbo que facerlle algúns arranxos. Os traballos duraron unhas sete horas, polo que o voo seguinte que usaba o mesmo avión, chegou a Madrid con horas de atraso.

É a segunda vez en poucos meses que un raio bate nunha aeronave con destino ao aeroporto de Peinador. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade